Sobre Goichic Regalos

Goichic Regalos atópase situado en Goián (Tomiño). O seu nome actual responde á evolución no transcurso do tempo, dende os seus comezos alá polo ano 2000. Fumos crecendo, aprendendo e sumando dende entón, adaptándonos ás novas tecnoloxías e demandas do cliente final.

Desde Goichic valoramos a proximidade, o trato próximo, sentindo que os nosos clientes son esa gran familia á que temos que coidar e mimar, poñendo especial atención ás súas necesidades.

Situada no corazón de Goián, Goichic ten unha superficie de 200 metros cadrados onde poden atoparse seccións de bolsos, bixutería e complementos, agasallos, decoración do fogar, menaxe de cociña, xoguetes, moda e servizo de florería.

Todo está integrado e coidado de forma harmoniosa, poñendo en valor a exposición e colocación dos nosos artigos. Para Goichic o importante é ter clientes satisfeitos e que valoran a importancia do negocio local e de proximidade, creando así unha simbiose de confianza que logrou que sobrevivamos ao longo destes 21 anos.

Agardando seguir sumando e crecendo agradecemos esta oportunidade de estar integrados en atenda.gal.

A nosa tenda